Saltar ao contido

Fede Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fede Varela
Información persoal
Nome Federico Nicolás Varela
Nacemento 7 de maio de 1996 e 18 de abril de 1997
Lugar de nacemento Buenos Aires
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Phoenix Rising
Número 10
Carreira xuvenil
River Plate
Viveiro
2010–2014 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2015 Stade Nyonnais 19 (3)
2015–2019 Porto B 69 (16)
2018 Portimonense 12 (0)
2018–2019 Rayo Majadahonda 37 (2)
2019–2020 Leganés 1 (0)
2020 Las Palmas 17 (1)
2020–2021 Denizlispor 7 (0)
2021–2022 CSKA Sofia 24 (0)
2022– Phoenix Rising 25 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Federico Nicolás Varela, coñecido futbolisticamente como Fede Varela, nado en Lanús o 7 de maio de 1996, é un futbolista galego-arxentino. Xoga como centrocampista no Phoenix Rising, do USL Championship dos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Lanús, cidade do Gran Buenos Aires, xogou brevemente nas categorías inferiores de River Plate,[1] antes de trasladarse con nove anos a Galicia, onde viviu na vila lucense de Viveiro.[2] Xogou na canteira do Viveiro CF, onde comezou a destacar, sendo fichado polo Celta de Vigo. En 2014, aínda en idade xuvenil, abandonou o club celeste para fichar polo Stade Nyonnais suízo.[3]

Tras uns meses en Suíza, fichou en xaneiro de 2015 polo FC Porto,[4] incorporándose ao filial do club, co que disputou 70 partidos e marcou 16 goles. Na tempada 2017/18 foi cedido ao Portimonense, co que debutou na Primeira Liga.[5] Disputou 12 encontros, 6 deles como titular, rematando a liga na 10ª posición.

En xullo de 2018 chegou cedido ao Rayo Majadahonda, que acababa de ascender á Segunda División.[6][7] Debutou co equipo de Antonio Iriondo na primeira xornada da tempada 2018/19, contra o Zaragoza na Romareda, e xogou un total de 39 encontros, marcando 3 goles. O equipo madrileño acabou descendendo.

En xullo de 2019 foi traspasado ao Leganés, da Primeira División, co que asinou por dúas tempadas.[8] Con todo, non chegou a debutar co equipo en liga (xogou só un partido de Copa do Rei), e en xaneiro saíu cedido á UD Las Palmas ata o final da tempada.[9] No equipo de Pepe Mel xogou 18 partidos e marcou un gol.

O 19 de setembro rescindiu o seu contrato co Leganés e asinou por dous anos co Denizlispor turco.[10] Alí xogou 7 partidos da Süper Lig e un de Copa.

En xaneiro de 2021 rescindiu o seu contrato co club turco e uns días despois asinou co CSKA de Sofía.[11] Co equipo búlgaro, adestrado por Lyuboslav Penev, proclamouse campión da Copa de Bulgaria.[12] En decembro de 2022 marchou aos Estados Unidos, onde asinou como novo xogador do Phoenix Rising, do USL Championship, a segunda categoría do fútbol estadounidense.[13]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
CSKA Sofia
  1. "Varela: "A veces pienso qué hubiese pasado de haber seguido en el River"". La Vanguardia (en castelán). 6 de decembro de 2018. Consultado o 12 de outubro de 2023. 
  2. Gómez, Millán (25 de xaneiro de 2019). "Fede Varela: “Sempre estiven moi apegado a Lugo”". Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  3. "El mediapunta Fede Varela inicia una nueva aventura en el Stade Nyonnais suízo" (en castelán). 14 de outubro de 2014. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  4. "El mediapunta Fede Varela ficha por el FC Porto" (en castelán). 29 de xaneiro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  5. "Fede Varela llega al Rayo Majadahonda" (en castelán). 30 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  6. Barrera, Daniel (30 de xullo de 2018). "El Rayo Majadahonda ficha al mediocentro ofensivo Fede Varela". Marca (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  7. Jiménez, Mayca (30 de xullo de 2018). "Fede Varela llega cedido por el Oporto al Rayo Majadahonda". As (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  8. "El C.D. Leganés incorpora la juventud y calidad de Fede Varela" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  9. "Fede Varela llega cedido a la UD Las Palmas" (en castelán). 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  10. "Denizlispor, firma Fede Varela" (en castelán). 18 de setembro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  11. Rolle, Iván D. (1 de febreiro de 2021). "Fede Varela refuerza al histórico CSKA de Sofía". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  12. "Una Copa de Bulgaria que se la llevó el CSKA-Sofía" (en castelán). 26 de maio de 2021. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  13. "Los Phoenix Rising firman a Fede Varela para dar «un gran paso al frente» en el soccer". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 2022. Consultado o 12 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]